O Goberno de Miño retira do pleno a revisión da licenza irregular concedida polo PP

O goberno local de Miño nun Pleno

O goberno local de Miño nun Pleno

O Goberno local de Miño retirou da orde do día do pleno ordinario a proposta do alcalde, Ricardo Sánchez, de revisar de oficio unha licenza irregular concedida en 2000 polo PP. O asunto xa non figura na orde do día que o Executivo envío onte pola tarde á oposición. Nun novo xiro na súa política urbanística que ven sendo habitual desde que Ricardo Sánchez fora elixido alcalde.

A retirada deste punto colleu por sorpresa ao PSOE, xa que o asunto fora discutido e ditaminado na comisión informativa celebrada pola mañá. O PP, socio de goberno do alcalde, restou importancia á revisión desta licenza para que construíse unha casa un familiar dun exedil do seu partido. O primeiro tenente de alcalde, o popular Jesús Veiga, mantivo que se trataba dun “problema burocrático” e non entrou a valorar que o seu socio de goberno pretenda revisar licenzas concedidas estando el na corporación.

O PP non entrou a valorar a posibilidade de que o asunto leve ao Concello a esixir responsabilidades por dolo ou neglixencia aos técnicos e políticos responsables, unha posibilidade que deixaba caer o alcalde na súa proposta aínda que agora acaba de retirala do debate. O alcalde non deu motivo ningún para este novo cambio na súa política.

Advertisements