Os bombeiros de Betanzos celebran mañá a súa ultramaratón solidaria

Parque de bombeiros de Betanzos

Parque de bombeiros de Betanzos

Unha carreira altruísta, solidaria e non competitiva a través do Camiño Inglés desde Betanzos ata a praza do Obradoiro en Santiago, en total 70 quilómetros. Así é a V Ultramaratón Lotería 2016 que organiza a ACD Bombeiros Comarca de Betanzos e que se celebrará mañá sábado.

Para participar era necesario achegar alimentos para Cruz Vermella. A saída será ás sete da mañá do parque de bombeiros de Betanzos e a chegada efectuarase sobre as tres ou catro da tarde ao Obradoiro. Cada dez quilómetros haberá puntos de avituallamiento para os participantes.

As inscripcións pecháronse con 110 participantes. Haberá furgonetas de apoio, ambulancia e seguimiento en bicicleta. O regreso farase en autobús e logo haberá aperitivos no parque.

Advertisements