Qué facer a fin de semana previa ao Nadal?

O apalpador decorando o casco histórico. No escaparate da libraría Biblos e na sede do BNG (foto do facebook de Biblos)

O apalpador decorando o casco histórico. No escaparate da libraría Biblos e na sede do BNG (foto do facebook de Biblos)

A asociación cultural Roxin Roxal de Paderne organiza hoxe venres 16 de decembro no Alfonsetti a partir das 20 h unha presentación de Bolboreta Fiandeira sobre a tradición dos fiadeiros, acompañada de música e festa.

Mañá sábado día 17 de decembro o concello organiza diferentes actividades. Á 13:00 h no atrio de Santo Domingo e no belén móbil do edificio Liceo, o alumnado da Escola Municipal de Folclore (EMuF) do Concello de Betanzos interpretará cantos de Nadal.

Ás 18:00 h na Aula de Cultura Xulio Cuns terá lugar a representación teatral da obra “Feo!” interpretada pola compañía Caramuxo Teatro, no VIII Ciclo de Teatro en Familia organizado polo Concello de Betanzos dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC.Ás 20:00 h no Cine Alfonsetti terá lugar o encontro de corais coa participación da Coral Polifónica Aires de Carral, unha coral por determinar e a coral organizadora, a Coral Polifónica de Betanzos.

Ademais entre o sábado 17 e o mércores 21, desenvolveranse actividades de animación coa visita de Papá Noel, a partir das 17:00 h, nos diversos centros sociais do Concello, organiza Concello de Betanzos.

Actividades no Casco Histórico

Hoxe venres, día 16 ás 19 :00 h. na libraría Biblos presentarase un novo libro do Apalpador “O apalpador e o arco da Vella” co autor da serie de libros sobre as súas aventuras, Xoán G., e mais con Anxo Moure que nos fará un contacontos.

Tamén hoxe venres no mercado municipal entre as 19:30 h e as 22 h. celebrarase un “microevento degustación” organizado por “La ventana al sur” e “A artesa da moza crecha”. Consiste na degustación dunha tosta con cada consumición.

O Café Lanzós organiza hoxe venres a partir das 22:30 un concerto da betanceira Andrea Colado.

E mañá sábado, o Café Lanzós, A libraría Biblos e Casa Castillo convidánnos a decorara o magnolio da praza de Lanzós entre as 12 h. e as 14 h. e pola tarde entre as 18:30 e as 20 h. Cada persoa que queira participar ten que levar o seu pequeno adorno de nadal.

 

 

Advertisements