Arde un barco na ría, mentres os seus tripulantes salvan a vida ao botarse pola borda

Unha buceta, embarcación tradicional da ría de Betanzos

Unha buceta, embarcación tradicional da ría de Betanzos

O pasado sábado un barco ardeu en augas da ría de Betanzos, entre as illas Carbón e Carboeira, en torno ás dez e cuarto da mañá. As chamas calcinaron por completo a embarcación de recreo mentres que a tripulación puido saltar pola borda e poñerse a salvo. Outras embarcacións que navegaban pola zona recolleron aos afectados e deron a voz de alarma, trasladándoos logo a porto. Por fortuna, atópase en perfecto estado de saúde.

Segundo explicaron aos servizos de urxencias, o lume comezou no motor e arrasou por completo a embarcación, unha lancha duns sete metros de eslora. En concreto, atopábanse na zona practicando buceo cando, de súpeto, explosionou o motor e comezou a arder. Segundo detalla Europa Press, o persoal do Centro de Atención ás Urxencias solicitou a colaboración de Salvamento Marítimo, o Servizo de Guardacostas de Galicia, axentes de seguridade e voluntarios de Protección Civil de Miño, Sada e Pontedeume.

Advertisements