O BNG propón habilitar unha senda peonil na estrada que rodea o encoro de Abegondo

Encoro de Abegondo-Cecebre

Encoro de Abegondo-Cecebre

O BNG pediu ao goberno local unha senda peonil na estrada que rodea o encoro de Abegondo-Cecebre en San Román. “Trátase dunha estrada pola que moitos peóns e bicicletas pasean diariamente desfrutando dunha zona natural a carón do encoro de Abegondo-Cecebre e a estrada carece de carril bici, beirarrúas ou senda peonil”, explicou a portavoz do BNG, Cristina López.

“Pensamos que é necesario garantir da seguridade viaria das persoas que camiñan diariamente por esta zona, por iso propomos unha senda peoníl á beira da estrada que rodea o encoro, na parroquia de Orto”. “Tamén recibimos queixas sobre a velocidade á que algúns vehículos circulan por esta estrada e pensamos que sería necesario limitar a velocidade e garantir que a circulación de vehículos se adapte a unha zona natural de esparcemento para a veciñanza para garantir a seguridade dos peóns”, engadiu a portavoz do BNG.

Advertisements