Pai Menni protagonizará o cupón da ONCE do día 20

A estrada ao Mesón do Bento pasa baixo o centro Pai Menni

A estrada ao Mesón do Bento pasa baixo o centro Pai Menni

Mañá martes o cupón da ONCE terá unha imaxe moi recoñecible para betanceiros e mariñáns. O centro Pai Menni, o antigo colexio Sagrado Corazón fundado polos irmáns García Naveira, ilustrará o boleto da sorte da organización de cegos. O motivo son os 60 anos que cumpre a fundación este ano e o traballo desenvolvido desde que abriu as portas baixo a dirección das irmás hospitalarias. En total, máis de cinco millóns e medio de participacións se repartiran por todo o territorio do estado.

Advertisements