Proseguen os concertos didácticos patrocinados pola Deputación nos centros escolares

Postal gañadora de Nuria Beiro, que ilustrará o programa municipal dos festexos

Postal gañadora de Nuria Beiro, que ilustrará o programa municipal dos festexos

Esta semana tócalles aos centros de secundaria a sesión de concertos didácticos que patrocina a área de Cultura da Deputación, dirixida pola nacionalista Goretti Sanmartín. Así, os escolares de Atocha terán o seu concerto or conta do Grupo de Metais Santa Cecilia mentres que no IES Francisco Aguiar desenvolveranse varios obradoiros de danza moderna e a actuación da Compañía As Driadas co espectáculo Ale-Hop. Mañá será o turno do IES As Mariñas.

Os Reis Magos iniciarán hoxe, tamén, a súa visita os centros de educación infantil do municipio mentres que Papá Noel comeza tamén o seu periplo nos locais sociais municipais, en horario de tarde.

 

Advertisements