A CIG denuncia que o goberno local aínda non convocou as axudas sociais a once días de rematar o ano

Diego Fernández é o  concelleiro de persoal de Betanzos

Diego Fernández é o concelleiro de persoal de Betanzos

Cando apenas quedan once días para rematar o ano, perlados de xornadas feriadas para máis complicación, a CIG ven de denunciar que o goberno local “vai moi fóra de prazo” xa que “aínda non publicou a convocatoria de axudas sociais do ano 2016”. Estas axudas son un paquete de achegas incluídas nos orzamentos municipais para contribuír á formación ou a determinadas melloras de saúde laboral (como adquisición de gafas ou audífonos) para os empregados municipais a fin de mellorar o seu rendemento no posto de traballo.

Advirten desde o primeiro sindicato do Concello ademais de que “as bases vixentes do ano 2011 e que desde a CIG levamos cinco anos solicitando que se actualicen sen éxito”. “Logo de anos cumprindo os prazos, convocando en tempo e resolvendo en tempo, volvemos a vellos costumes de inicio da lexislatura pasada e falta de información a todo o persoal” denuncia a Intersindical Galega, que informa que o Comité vén de solicitarlle ao Concello “que envíe unha circular explicando que acontece coas axudas sociais e explicite os prazos de convocatoria”.

“Esta solicitude faise logo de múltiples consultas dos traballadores e que de que o concelleiro de Persoal falase coa presidenta do Comité para informar de que hai un retraso obvio nas axudas e que probablemente se convoquen proximamente mais co compromiso de que se paguen igualmente no primeiro trimestre do ano” engade a central sindical nacionalista. “A petición realizouse para que esta información se lle transmita a todo o persoal coa seguridade de que efectivamente se van convocar proximamente” puntualizan.

Advertisements