A Coral El Eco actúa na parroquial de Santiago dentro da programación de Nadal do Casco Histórico

Santiago de Betanzos, sé do arciprestazgo de Xan Rozo, estreará o curso con novo crego

Santiago de Betanzos, sé do arciprestazgo de Xan Rozo

Desde as oito e media do serán a parroquial de Santiago acollerá un concerto da Coral Polifónica El Eco, coorganizado pola parroquia e a campaña de Nadal que desenvolven os comercios do Casco Histórico e mais a asociación de Amigos do Casco coa colaboración de diversas entidades. O concerto inclúese nos que a coral celebra para festexar o seu 135 aniversario.

Ademais, hoxe e mañá o centro Pai Menni celebra un Festival de Nadal organizado pola Coral Polifónica para o alumnado do centro. Neste centro recalará tamén a comitiva dos Reis Magos, que pecha o percorrido polos colexios de Betanzos facendo parada nos dous centros privados da cidade, o antigo Sagrado Corazón e mais Atocha. O Pai Menni inaugura, ademais, unha exposición e mercado de bordados artesanais realizados polo Centro Ocupacional, que permanecerá aberto desde hoxe ata  o 5 de xaneiro, na Sala de Exposicións do edificio Liceo en horario de 12:00 h a 14:00 h e de 16:30 h a 20:30 h os días laborables, e de 12:00 h a 14:00 h os sábados e domingos, permanecendo pechada os festivos 25 de decembro e 1 de xaneiro.

Advertisements