O pleno debatirá a aprobación do convenio colectivo municipal ano e medio despois da primeira votación

O pleno celébrase na Sala Capitular situada no primeiro andar do Pazo Municipal. Pode seguirse tamén en Radio Betanzos no 107.9 FM

O pleno celébrase na Sala Capitular situada no primeiro andar do Pazo Municipal. Pode seguirse tamén en Radio Betanzos no 107.9 FM

Hai un mes o pleno da Corporación debatiu unha moción conxunta presentada por PP, BN, BNG e BeC a instancias do Comité de Empresa do Concello de Betanzos. Hoxe o goberno local presentará ao pleno o convenio colectivo do persoal laboral. O texto vai por segunda vez e pleno, logo de ser presentado no último pleno da anterior lexislatura, en abril de 2015. O comité de empresa agarda que o texto saia aprobado e que, posteriormente e contra o que veu facendo ata agora, o executivo socialista axilice os trámites para que entre finalmenet en vigor.

A Corporación debatirá, ademais, a “aprobación do plan normativo para o ano 2017” e varias iniciativas dos grupos políticos da oposición. Así, o BNG propón unha campaña de consumo responsable no comercio local e outra para  adoptar medidas que garantan o subministro eléctrico ás persoas sen recursos. BN pedirá medidas para a proteción contra a contaminación acústica e mais a adopción de “xestións necesarias” para incrementar a “participación municipal” no CIEC e “garantir a continuidade” desta fundación privada. BeC pedirá abrir un portal único de emprendemento e o PP, pola súa parte, insistirá en trazar un camiño seguro cara o Pai Menni e mais en elaborar un plan local de mocidade.

Advertisements