O TSXG anula a concentración parcelaria en Trasanquelos

Patio interior dos xulgados betanceiros

Patio interior dos xulgados betanceiros

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia abriu dilixencias tralo recurso interposto por un particular contra o acordo de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (no antigo municipio de Cesuras). A Dirección Xeral de Desenvolvemento Local publicou onte un anuncio no Diario Oficial de Galicia para informar do recurso a dous dos interesados neste procedemento tras intentar a notificación persoal sen éxito.

Esta concentración parcelaria foi aprobada inicialmente pola Xunta en 2012 e supuxo a reorganización de 6.040 parcelas en 1805 leiras, pertencentes a 757 propietarios.

Advertisements