O Betanzos perde pola mínima en Ribadeo

Betanzos_CFO Betanzos tentouno en Ribedeo pero non o conseguiu. Un gol local ao borde do descanso sentenciou un encontro que comezou moi igualado, co Ribadeo pretendendo levar a batuta do xogo e os rojillos resistíndose a ser mera comparsa. Os betanceiros xogando á contra puxeron varias veces en apuros á zaga da Mariña, ata que os locais puideron ir amoldando o encontro ao seu xogo. Así chegou o solitario tanto da victoria no minuto 42, e desde o pase polo vestiario o partido quedou tinguido das cores ribadenses.

O Betanzos foi incapaz de crear perigo na segunda metade, buscando a Mon como única referencia de ataque, e os locais achicaron espazos e impuxeron o seu xogo, ao punto de que nos úlitmos vinte minutos de xogo aínda puideron ampliar a conta.Se non o fixeron foi por unha gran actuación do meta betanceiro. Os últimos minutos foron de reacción visitante, tratando de lograr a igualada colgando balóns á área dos locais.

O resultado deixa ao Betanzos na 16 posición e terá que medirse a vindeira xornada, como local, ante a Sarriana

Advertisements