A Xustiza condena a Albada a devolver medio millón de euros ao Consorcio por non xestionar os rexeitamentos

O Consorcio convertirase en mancomunidade das Mariñas

O Consorcio convertirase en mancomunidade das Mariñas

O Xulgado do Contencioso Administrativo Número 2 da Coruña obriga á UTE Albada a devolver 564 000 euros ao Consorcio das Mariñas por non xestionar os rexeitamentos. En cumprimento da sentenza, Albada (do Grupo ACS que preside Florentino Pérez) terá que devolver ao ente supramunicipal 564 393,91 euros, correspondentes á xestión dos rexeitamentos de lixo, que nese período non asumiu.

Segundo recorda o Consorcio das Mariñas nun comunicado, o conflito comezou en 2011, cando a empresa tratou de impoñer un sobrecusto pola xestión dos rexeitamentos pese a que o servizo xa ía incluído no contrato. O Consorcio das Mariñas non aceptou e en outubro do mesmo ano Albada decidiu non asumir os rexeitamentos, obrigando ao consorcio a levalos a outro vertedeiro. A pesar disto, Albada seguiu facturando o servizo completo, incluíndo a xestión de rexeitamentos que non acometían, polo que o consorcio decidiu rebaixar no seu pago o custo deste servizo por non ser prestado, aínda que a lexislación estatal en canto ao pago de proveedores obrigoulle a ordenar o pago completo e recorrer á xustiza, pedindo a declaración de lesividade, cuestión que agora é favorable nesta sentenza.

En concreto, abonou a Albada 2 615 746,55 euros polos servizos entre xaneiro e outubro de 2012 e 1 120 436,34 polos servizos de novembro e decembro de 2011 e 2012. Tendo que rebaixar 4,15 euros por tonelada en 2011 e 4,88 euros por tonelada en 2012, a UTE deberá devolver 564 393,91 euros ao ente supramunicipal.

Advertisements