Un camión perde a carga de cervexas no polígono de Bergondo

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

O cuartel da Garda Civil de Betanzos, na praza Alfonso IX

A rotonda do polígono de Bergondo permaneceu onte cortada aproximadamente dúas horas a causa dun accidente no que se viu implicado un camión de reparto de Estrella Galicia, que perdeu boa parte da súa carga de cascos de cervexa, que qeudaron esparexidos pola estrada. Con tantos pedazos de cristal, axentes da autoridade deixaron fóra de servizo a vía no que duraron os traballos de limpeza.

Descoñécese o motivo polo que o vehículo perdeu a estabilidade e deu coa carga no chan. Foi un particular o que deu aviso á Central de Emerxencias 112, que desprazou á zona a efectivos de Protección Civil de Bergondo e axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico. Os efectivos de Protección Civil colaboraron na retirada dos cascos de cervexa e nos labores de limpeza da estrada mentres que a Garda Civil e os axentes da policía encargouse de orientar o tráfico na zona. O accidente, aparatoso, provocou retencións pero saldouse sen danos materiais.

Advertisements