Coirós regala bolsas de estudos coa lotaría de Nadal

Os alcaldes de Coirós, Paderne, Betanzos e Abegondo na presentación do obradoiro de emprego

O alcalde de Coirós, primeiro pola esquerda, nun acto no Liceo cos seus homólogos da comarca

Hai un refrán que di que “na guerra e no amor todo vale”. De darmos por boa a afirmación do xeneral prusiano Carl von Clausewitz, que dixo que “a política é a continuación da guerra por outros medios”, entón entenderiamos que na política, tamén, todo vale. Desta máxima de pensamento parece ser o alcalde de Coirós, o popular Francisco Quintela, que onte quixo ser por uns instantes un cruce entre un neno de San Ildefonso e o apalpador e convocou aos beneficiarios das bolsas de estudos do municipio.

Así, quen quixer obter a dotación das bolsas de estudos municipais, dotadas de 7185 euros en total, tiña que acudir onte pola mañá, no que duraba o sorteo do Gordo de Nadal, a tirarse a foto cun sorrinte alcalde que repartía as bolsas de estudo, como se os cartos que entregaba máis que do erario público saíran do seu peto. Unha por unha, alumno por alumno e sobre en man, nunha práctica anacrónica xa nunhas Administracións Públicas que fan os seus pagos por transferencia bancaria e cun tufillo doutro réxime. Identificando a asignación pública para poder cursar estudos cun xogo de azar.

Advertisements