Un décimo do quinto premio foi vendido no Rollo

A rúa do Rollo é unha das rúas máis comerciais da cidade

A rúa do Rollo é unha das rúas máis comerciais da cidade

A Administración de Loterias Chirri, na rúa do Rollo, vendeu un décimo do quinto premio: o 68981. O décimo deixa entre a nosa veciñanza 6000 euros que foron dispendidos por terminal, unha cantidade que non amaña a vida pero si resolve problemas e necesidades. Ademais, o IES As Mariñas repartiu en participacións parte dun número premiado cunha pedrea. Son, de momento, as pegadas que deixou o gordo de Nadal na comarca.

Advertisements