Condenan a Betanzos HB a readmitir a un traballador tras botalo en “represalia” sindical

Un momento dunha concentración ante a planta de Tafiber- agora Betanzos HB

Un momento dunha concentración ante a planta de Tafiber- agora Betanzos HB

Novo revés para Betanzos H.B., o novo nome e forma mercantil da antiga Tafiber SA, tras anular a Xustiza outro despedimento ao tratarse dunha “represalia”. A empresa con sede en Infesta foi condenada a readmitir ao empregado ao ver probado que foi cesado por realizar unha “reclamación lexítima”. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordena á empresa a readmitir a este empregado tras declarar nulo o seu despedimento. É o terceiro traballador que a compañía vese obrigada a readmitir por condena xudicial, explican desde o persoal dunha empresa que encadena conflitos laborais.

Traballadores deste empresa de taboleiros de fibras metálicos concentráronse en varias ocasións para protestar polo cese de tres empregados. A compañía xustificou os despedimentos aducindo rebaixa na produción, pero a Confederación Intersindical Galega (CIG) negou tales extremos e atribuíu os feitos a unha campaña de “acoso directo” aos traballadores afiliados ao sindicato nacionalista por unha queixa en Inspección.

A empresa foi condenada tamén por expoñer a contaminantes químicos a un traballador. En 2015, os xuíces consideraron probado que vulnerou o dereito ao seu integridad física dun traballador. A última sentenza chega nun momento nuevamente convulso na madereira, xa que o persoal convocou nos últimos meses varias protestas polo cambio de convenio. Os sindicatos denuncian que a modificación supoñerá rebaixas no soldo e recortes en dereitos dos que gozaban ata agora.

Ademais, a Xustiza considerou probado que durante anos a factoría estivo verquendo as augas do seu proceso industrial á ría sen ningún tipo de autorización e que, ademais, eliminou os residuos doutra fábrica sen ter licenza para realizar esas tarefas.

Advertisements