DonkeyXote e festa infantil na praza, mañá na programación de Nadal

Postal gañadora de Nuria Beiro, que ilustrará o programa municipal dos festexos

Postal gañadora de Nuria Beiro, que ilustrará o programa municipal dos festexos

A programación de Nadal, Aninovo e Reis prosegue mañá coa proxección da película de cine familiar titulada “Donkeyxote”, desde as 17:30 h no Cine Alfonsetti por conta da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Ademais, mañá é a festa infantil ambientada no libro e película “Charlie e a fábrica de chocolate” que pon o ramo á campaña de animación comercial do Casco Histórico organizada polos comercios do entorno e Amigos do Casco.

E desde hoxe ata o 5 de xaneiro, desenvolverase un Obradoiro de Nadal “Días sen cole…” para nenos e nenas de 3 a 12 anos no edificio Liceo en horario flexible de 9:00 h ou 10:00 h a 13:00 h ou 14:00 h. Inscricións no edificio de Servizos Sociais do 5 ao 22 de decembro en horario de oficina. Para máis información no teléfono 981 770 707.

Advertisements