A Banda e o Coro do Conservatorio ofrecen mañá o Concerto extraordinario de Nadal

A banda nun concerto na igrexa franciscana. Foto de www.banderosbetanzos.com

A banda nun concerto na igrexa franciscana. Foto de http://www.banderosbetanzos.com

Banda Municipal de Música e o Coro do Conservatorio ofrecen mañá o Concerto extraordinario de Nadal, a partir das oito e media do serán igrexa de San Francisco. Unha parte instrumental e outra de panxoliñas compoñen o programa, que rematará, ao xeito vienés, coa célebre Marcha Radetzky.

O Concello recorda, ademais, que o xoves 29 de decembro finaliza o prazo para participar no I Concurso de cartas aos Reis Magos e que os pequenos e pequenas depositen as súas cartas nas caixas de Correo Real situadas na Biblioteca Municipal Alfonso Castelao e mais no Liceo.

Advertisements