A Deputación fará sendas peonís para mellorar a seguridade viaria en Abegondo, Bergondo e Betanzos

Valentín Formoso (PSOE) e Goretti Sanmartín (BNG), presidente e vicepresidenta da Deputación

Valentín Formoso (PSOE) e Goretti Sanmartín (BNG), presidente e vicepresidenta da Deputación

A Deputación construirá sendas peonís en tres municipios da comarca para incrementar a seguridade nas vías provinciais. Concretamente, o plemno aprobou o pasado venres investir 240 000 euros para facer sendas peonís en paralelo a vías provinciais en Abegondo, Betanzos e Bergondo.

En Abegondo serán a carón das estradas DP-0101, en Sarandós, e na DP-0105, en Leiro, cun investimento de 120 000 euros. 123 000 eurso serán para mellorar a seguridade viaria nesa mesma DP-0105 entre os núcleos betanceiros de Montellos e bergondés de Cortiñán, na estrada que transcorre por Viúxa e fai de circunvalación do polígono industrial de Piadela.

Advertisements