Novo atropelo no paso de peóns de Guísamo

A N-VI ao seu paso por Guísamo

A N-VI ao seu paso por Guísamo

Unha persoa resultou onte ferida nun novo accidente no paso de peóns de Guísamo, na Nacional VIN. Segundo informou Protección Civil de Bergondo, tratouse dunha colisión por alcance entre dous vehículos cando o primero deles detívose para ceder o paso a un peón. Un particular deu a alerta ás 19.40 horas. O 112 desprazou á zona ao 061, Policía Local e os efectivos municipais de urxencias de Bergondo. O ferido foi trasladado en ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

É o enésimo atropelo neste paso de peóns no último mes e medio. Precisamente mañá os veciños volverán cortar o paso ás doce do mediodía en demanda de maiores medidas de seguridade viaria.

Advertisements