O BNG leva ao pleno o malestar dos veciños do Secadeiro polos entullos do solar

Imaxe do edificio contiguo ao secadoiro, con restos en pé da fábrica. Fotografía remitida polos veciños

Imaxe do edificio contiguo ao secadoiro, con restos en pé da fábrica. Fotografía remitida polos veciños

Hai cerca dun ano comezaban as obras de demolición do antigo secadoiro de lúpulo na Avenida de Castela, que requeriron un desvío do carril de circulación da N-VI e . No pleno do pasado martes, o grupo nacionalista trasladou a preocupación da veciñanza, molesta porque despois de todos estes meses no solar do antigo secadoiro aínda queda unha boa cantidade de entullos sen recoller.

“Os cascallos permanecen no solar sen medidas de seguridade de ningún tipo, co conseguinte risco para as veciñas e para quen por alí transita”, declaraba Henrique del Río, portavoz do BNG no Concello. As nacionalistas quéixanse da falta de información por parte do goberno, quer sobre prazos para a retirada dos entullos quer sobre a reparación das medianeiras.

“Ignoramos por que non foron retirados os cascotes ou se existen prazos para facelo”, declaraba Henrique del Río. “Tamén sería interesante saber se o Concello prevé sancionar os promotores e responsables da obra por esta situación”, remataba o edil nacionalista. Segundo a licencia concedida hai meses polo executivo local, o responsable técnico da demolición era o arquitecto técnico Xosé Isidro Doporto Santos, exedil do BNG e candidato e integrante de Betanzos Novo, e os propietarios, as sociedades Fernando Chas SL, Construcciones Rivera Betanzos SL e Saboyal SL.

Advertisements