“Un paxe real en apuros”, teatro familiar en galego sobre as penurias dun axudante dos Reis

As proxeccións serán no Alfonsetti, que continúa sen equipamento audiovisual

O pase será no Alfonsetti, que continúa sen equipamento audiovisual

“Un paxe real en apuros” é un espectáculo para público familiar que terá lugar o vindeiro 4 de xaneiro ás 18:00 h no Cine Alfonsetti dentro do programa de Nadal do Concello de Betanzos. Este espectáculo para público familiar cóntanos a historia dun paxe estresado, os contos de Oriente, que deixarlle aos Reis Magos. Caxoto Contacontos falaranos sobre a noite máis longa, contos de agasallos, que pedirlle aos Reis e mais fará un casting de paxes reais entre os asistentes.

A Trastenda dos Contos volve a Betanzos con este espectáculo onde co humor e a lingua se pretende dinamizar o galego entre os máis pequenos e pequenas e vinculalo a espazos de lecer. En Betanzos teremos esta visita especial dun dos paxes das súas maxestades os Reis Magos. Este paxe real contaralle aos máis pequenos como é a vida na corte real e como se preparan para esa noite tan especial, todo acompañado de historias, anécdotas e vivencias.

Advertisements