O goberno local adxudica a reparación das pontes de madeira e da Eira Vella

A praza de Enrique IV ou Eira Vella

A praza de Enrique IV ou Eira Vella

O goberno local adxudicou onte as obras de mellora nas pontes de madeira do Mendo e Mandeo e a reforma da praza Enrique IV. O Concello investirá 91 241 euros en arranxar as pontes, a zona peatonal das Cascas e o acceso ao lavadeiro municipal, nuns traballos que financia a Deputación provincial e que xa foron anunciados varias veces polo executivo local.

Ademais, tamén adxudicaron por 96 525 euros as obras de reforma da praza Enrique IV, popular e tradicionalmente denominada Eira Vella, que incluirán a mellora de redes, pavimento e mobiliario.

Advertisements