Instalan bandas rugosas no paso de peóns de Guísamo

A N-VI ao seu paso por Guísamo

A N-VI ao seu paso por Guísamo

Operarios do Ministerio de Fomento comezaron a colocar bandas rugosas a pasada noite na N-VI, no cruce de peóns de Guísamo tristemente célebre por ser escenario de múltiples atropelos no último mes e medio, algún de especial gravidade. Xunto coas bandas rugosas de caucho, os operarios instalaban tamén a pasada noite sinais adicionais recordando que o límite de velocidade no tramo, unha recta que dá acceso á localidade bergondesa desde A Coruña, é de máximo 50 km por hora.

As medidas chegan logo de que, por espazo dun mes, os veciños corten o tráfico uns minutos todos os mércores ás doce do mediodía e logo de que múltiples organizacións políticas e sociais demandasen medidas adicionais de seguridade viaria no núcleo, o principal e máis poboado de Bergondo.

Advertisements