Responsables de Xustiza visitan o novo aparcamento do pazo de xustiza

Patio interior dos xulgados betanceiros

Patio interior dos xulgados betanceiros

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, visitou onte o antigo Hospital de San Antonio, actualmente o pazo de xustiza do partido xudicial brigantino, acompañado polo delegado da Xunta, Ovidio Rodeiro, o alcalde de Betanzos, Ramón García, e representantes do goberno local- entre os que se colou o voceiro do PP na Corporación- e do xulgado. Os responsables autonómicos comprobaron in situ o resultado das obras de ampliación da zona de aparcamiento do persoal e os vehículos policiais.

A obra dispuxo dun orzamento de 8000 euros, segundo informou onte o goberno galego a través dun comunicado remitido aos medios e supuxo a supresión do pequeno xardín existente na parte posterior- un dos poucos espazos verdes do centro da cidade- para que aparquen neste recinto os furgóns da Garda Civil que transportan aos presos do centro penitenciario de Teixeiro.

Advertisements