Bergondo ve insuficientes as bandas rugosas de Guísamo

A N-VI ao seu paso por Guísamo

A N-VI ao seu paso por Guísamo

O executivo bergondés ve “insuficiente” a instalación de bandas rugosas para garantir a seguridade no paso de peóns de Guísamo. O goberno local espera que sexa só “a primeira das medidas” e pide a Demarcación de Estradas que “considere a instalación dun semáforo para garantir un paso seguro para os veciños”. O Executivo municipal ve tamén “imprescindible” que o Ministerio de Fomento emprenda a reforma integral da N-VI para converter a estrada nunha travesía urbana.

Advertisements