O clube de piragüismo súmase a ARBE e Concello para pedir outro pantalán no porto

O barco está instalado no final do porto betanceiro

Unha vista do porto betanceiro

O Clube de Piragüismo Ría de Betanzos sumouse á Asociación Amigos de los Ríos de Betanzos (Arbe) na súa demanda para que Portos de Galicia instale un pantalán no porto brigantino que sexa apto para piraguas, pero mantendo o actual que dá servizo ás embarcacións. Esta entidade presentou ante Portos o pasado setembro un escrito no que recordaba que fai xa dous anos que realizou esta demanda, a ampliación do pantalán actual, indicando de que forma deberíase efectuar para conseguir “cumprir a normativa de accesibilidad” e ao mesmo tempo deixar “máis sitio par embarcacións e piragüas”.

Esta demanda conta co respaldo unánime do pleno do Concello de Betanzos, que na sesión celebrada o pasado 29 de novembro, acordou apoiar esta demanada e mellorar as dotacións do recinto portuario. ARBE alertou a principios do pasado ano que había enfrontamentos entre navegantes e piragüistas por “malas prácticas” e solicitaba ampliar o pantalán.

Advertisements