Fallados os premios do concurso de cartas aos Reis

Postal gañadora de Nuria Beiro, que ilustrará o programa municipal dos festexos

Postal gañadora de Nuria Beiro, que ilustrará o programa municipal dos festexos

Betanzos xa fallou o I Concurso de Cartas aos Reis Meigos e entregará os premios o próximo 5 de xaneiro. Na categoría de Infantil gañou Noa Moure e Aloia Pena (do Vales Villamarín) levou un accésit. En Primaria (primeiro e segundo) o primeiro premio foi para Daniela Franco e o accésit para Juana Barreiro (tamén do Vales). En terceiro e cuarto de Primaria a ganadora foi Ashley Rivero, de Atocha, mentres que Silvia Novo, do Vales Villamarín levouse o accésit. En quinto e sexto de Primaria gañou Mariña Erias e Nicolás López levou o accésit (os dous do Vales). Na categoría de alumnado con diversidad funcional gañou Macarena Barcia do Pai Menni.

Advertisements