Xornal de Betanzos incrementa nun 12% os lectores con respecto a decembro de 2015

xornalMes tras mes e pouco a pouco as cifras van amosando a consolidación do proxecto informativo de Xornal de Betanzos. O mes de decembro pechou cun incremento do 22% con respecto as estatísticas do anterior mes de novembro grazas ás 5131 visitas únicas rexistradas. Con respecto ao mesmo mes do pasado 2015, a audiencia de Xornal de Betanzos medrou un 12%. As cifras acumuladas amosan que pouco a pouco este proxecto informativo se consolida como fonte dixital de información de proximidade para Betanzos e os seus contornos, cumprindo un dos obxectivos fundacionais do proxecto.

A nova máis vista este mes foi o anuncio do Concello de Abegondo para tres prazas de emprego temporal cuns criterios que bordean a legalidade, que tivo 535 visitas únicas. En segunda praza os nosos lectores situaron a reportaxe sobre o balneario do Bocelo, con 305 visitas únicas. Un home morto en Mandaio foi a terceira nova, con 245 visitas únicas, e a reportaxe sobre a feira de primeiro de ano tivo 224 e foi a cuarta nova máis vista do pasado mes de decembro.

 

Desde que en xuño de 2009 este proxecto informativo comezou a andar atrevesou dous períodos de inactividade que se reflexan perfectamente na estatística histórica da audiencia. O cambio de dirección, a aposta por ampliar os contidos culturais e deportivos e a introdución de reportaxes sobre temas que non centran estrictamente a actualidade local ten sido ben acollida pola comunidade de lectores que dá sentido día a día á existencia deste portal informativo.

A última innovación polo momento foi o salto ás redes sociais, contando neste intre con 2637 seguidores na nosa páxina na rede social en Facebook e 872 seguidores na rede social Twitter, cun perfil de máis recente creación. Queremos agradecer o apoio dos nosos lectores e continuar informando do mellor xeito posible.

Advertisements