Miño reducirá a 30 km/h a velocidade nas rúas do centro

O Concello de Miño

O Concello de Miño

Miño restrinxirá a velocidade nas principais vías urbanas a 30 km/hora para mellorar a seguridade viaria. O Concello informou que a medida aplicarase de forma inmediata na rúa Galea aproveitando as obras para a súa reforma e posteriormente adoptarase noutra zonas da localidade. Tamén está prevista a mellora da iluminación e o repintado dos pasos de peóns, así como a instalación de bandas rugosas en diferentes puntos do municipio para reducir a velocidade dos vehículos. O Concello organizará ademais cursos de seguridade viaria para os alumnos do colexio Castro Baxoi que serán impartidos pola Policía Local.

Advertisements