Vázquez Faraldo inaugura as tweetrevistas de Xornal de Betanzos

Faraldo, portavoz do PSOE de Miño

Faraldo, portavoz do PSOE de Miño

Xornal de Betanzos comeza o ano cunha nova sección, na que pretendemos darlle unha volta á tradicional entrevista. Ao xeito da rede social twitter, as preguntas e respostas irán nun máximo de 140 caracteres, para buscar respostas concretas e sinxelas. A nosa idea é que os nosos lectores poidan participar enviando as súas preguntas tanto ao noso twitter, @Xornal_Betanzos, como ao correo da redación (xornaldebetanzosARROBAgmail.com) para facerllas chegar aos nosos entrevistados. Cando se publique unha tweetrevista faremos pública a identidade da seguinte persoa elixida.

Inaugura este novo espazo Manuel Vázquez Faraldo, portavoz municipal do PSOE en Miño e gañador das eleccións municipais do pasado 2015. Este economista de 55 anos considera “unha obriga ante a veciñanza” responder ás preguntas que lle formulamos. Agradecémoslle a súa dispoñibilidade así como que se prestase a probar connosco esta idea. Nuns días estará a tweetrevista completa.

Advertisements