A escola infantil de Abegondo estrea o ano con toldo e pizarras dixitais

O colexio de Abegondo

O colexio de Abegondo

Un toldo retráctil para o patio, a limpeza e pintado do peche traseiro e unha nova cuberta nun anexo, xunto con encerados dixitais e ordenadores. É o lote que os Reis deixaron na escola infantil de Abegondo, que estrea o ano completamente renovada grazas a un investimento de 23 456,05 euros, achegados pola Xunta e cofinanciados nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020 (Feder), e o 20% adicional, uns 5590,02 euros, que puxo o Concello.

Advertisements