Bergondo cobre a pista deportiva de Lubre por 179 000 euros

Convento de San Salvador de Bergondo

Convento de San Salvador de Bergondo

Un total de 178 946,90 euros investirá o Concello de Bergondo en cubrir a pista polideportiva da parroquia de Lubre, unha actuación que conta co cofinanciamento da Deputación. O executivo salienta nun comunicado de prensa dando conta da adxudicación do contrato que se trata da primeira pista polideportiva das parroquias que se cobre e avanza que poñerá en marcha iniciativas similares noutras infraestructuras deportivas do municipio.

De feito, tal compromiso é un dos acordos do pacto de goberno polo que En Marea se incorpora e reforza o goberno do PSOE e nas contas contemplan 231 000 euros para actuacións deste tipo. Ademais da cuberta, a obra prevé a canalización das augas pluviais, alicerces, estrutura e cuberta a dúas augas elaborada con panel tipo sándwich, formado por dúas chapas de aceiro.

Advertisements