O alcalde de Miño anuncia o orzamento para este mes

Sanchez Oroza e Veiga-líder do PP- diante dun dos 'chiringuitos' que presentaron

Sanchez Oroza e Veiga-líder do PP- diante dun dos ‘chiringuitos’ que presentaron

Os concellos teñen que comezar o ano con orzamento novo. Para iso, a lexislación prevé que o documento se aprobe de maneira inicial co tempo suficiente para que permaneza 30 días exposto ao público para presentar alegacións, que resolve o pleno de cada Corporación. Concellos da comarca como Betanzos, Oza-Cesuras ou Miño incumpren reiteradamente estas previsións.

No caso de Miño, onde goberna o PP con maioría absoluta malia ceder a alcaldía ao exCxG Ricardo Sánchez Oroza, o orzamento data de 2014. É a terceira prórroga que recibe un documento contable que está pendente de incorporar o lan de axuste que garanta a devolución do crédito de 12,5 millóns para pagar a débeda principal aos expropiados de Fadesa. Segundo o alcalde, a demora débese ao atraso na elaboración da Relación de Postos de Traballo (RPT) e ás dúbidas sobre o destino dos fondos do Plan Único da Diputación provincial. E sostén que ao longo deste mes de xaneiro irá ao pleno.

Advertisements