O PP reclama que se amañe unha canalización no areal de Gandarío

Vista aérea da praia de Gandarío

Vista aérea da praia de Gandarío

O PP de Bergondo insta ao Concello a tomar “medidas” para solucionar o problema de canalización que sofre a praia de Gandarío. Aseguran que unha canalización de fecais está á vista no medio do areal e reclaman solucións urxentes. “La gente se puede cortar si pisa el tubo que está roto” aseguran, engadindo que “los olores pueden venir derivados de cualquier tipo de suciedad que llega a la playa por esta canalización, así que es importante que se controle”.

O Concello defende que o tubo que queda ao descuberto no areal é de recollida de augas pluviais e que está previsto o seu amaño.

Advertisements