A retirada de niños de velutina elevou ao triplo as saídas do GES de Curtis o ano pasado

O Concello de Curtis

O Concello de Curtis

A retirada de niños de vespa velutina elevou ao triple as saídas do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Curtis o ano pasado con respecto ao anterior. Os efectivos atenderon en 2016 729 incidencias, fronte ás 248 actuacións do ano anterior.

Das intervencións realizadas o ano pasado, 521 foron para retirar niños da especie invasora, o que supón un 71,46% do total. A gran porcentaxe de saídas para retirar niños da especie invasora conlevou o aumento do total de saídas, que o ano pasado foron de media dúas ao día.

A atención en accidentes foi a segunda causa máis frecuente de intervencións. O ano pasado recibíronse un total de 164 alertas por esta causa, 102 por tráfico, catro das cales presentaban necesidade de excarcelación. O GES axudou, ademais, a apagar 21 incendios -cinco menos que en 2015-, dos cales nove foron urbanos e cinco forestais; participou nunha ducia de traslados sanitarios en helicópteros e acudiu a 33 chamadas por cans soltos na vía.

Advertisements