Irixoa vende un anaco do campo da feira da Viña

Antonio Deibe, do PP, é o alcalde de Irixoa

Antonio Deibe, do PP, é o alcalde de Irixoa

O Concello de Irixoa aprobou de forma definitiva a desafectación parcial e venda de 15,71 metros cadrados do campo da feira da Viña. O goberno local do PP procedeu a este desafectación para a venda desta porción da praza para incorporala a un terreo colindante con edificación. No seu día o BNG alertara de que un particular ocupara cun peche outro anaco co campo e unha das vías que lle dá acceso.

Advertisements