Abegondo estrea a súa escola de musicoterapia cun concerto en Meangos

O concello de Abegondo

O concello de Abegondo

A escola de musicoterapia do Concello de Abegondo ofrecerá mañá venres o seu primeiro recital na parroquia de Meangos, de onde é precisamente veciño o seu director, Luís Fixoi, que formou parte moitos anos da orquesta Os Satélites. A este primeiro recital que ofrecerán os participantes desta actividade tamén acudirá outro músico, Sito Sedes, que acompañará como solista ao grupo de musicoterapia.

Luís Fixoi ensina cancións en percusión básica aos veciños de Abegondo e Carral. Con esta actividade os participantes aprenden percusión musical con diversos elementos e ofrecen variedade de temas con distintos ritmos. Luís Fixoi percorreu cos Satélites escenarios de España, Francia, Portugal, Arxentina ou Inglaterra.

Advertisements