As junior do Santo Domingo vencen en Carballo por 46 a 53

santodomingobetanzosAs mozas do Santo Domingo junior feminino conseguiron unha meritoria vitoria en partido aprazado contra Xiria Carballo, que marchaba con elas empatado na segunda posición. No entanto, e debido ao average, as carballesas conservan aínda ese privilexio. Malia o complicado do calendario navideño, as betanceiras superaron a un gran conxunto local cun bo xogo interior e aproveitando as súas opcións nos momentos complicados do encontro. O ultimo cuarto serviu para que as locais acurtasen distancias no marcador, pero a diferenza baseada nun gran terceiro cuarto foi suficiente para traerse a vitoria para Betanzos cun marcador definitivo de 46 a 53 para as betanceiras.

Por outra banda, o primeiro equipo do Santo Domingo volta esta fin de semana á competición. Viaxará ao Bierzo, para medirse na ponferradina pista do Toralín ao LAS ENCINAS CDP

Advertisements