Augas de Galicia abre concurso para mellorar a traída en Cesuras

As queixas pola auga da traída foron unha constante no pasado outono

Augas de Galicia sacou a licitación por 33 541 euros a asistencia técnica e a dirección de obra de mellora do abastecemento en Cesuras, financiadas nun 75% pola Unión Europea a través dos Feder. A Xunta prevé que os traballos para garantir o bo estado do auga estean finalizados no verán.

A traída, municipal, foi pechada ao consumo humano tras detectarse diversas deficiencias e demandar o BNG no Concello e no Parlamento que se amañase.

Advertisements