Mariñas-Betanzos abre unha liña de microcréditos a proxectos emprendedores da man de Microbank

ADR_asMarinasBetanzos_sen fondoA Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas Betanzos informou onte de que ven de asinar unha liña de financiamento dotado cun millón de euros para o desenvolvemento de novos proxectos coa entidade bancaria Microbank. Os beneficiarios serán persoas físicas e microempresas con menos de dez traballadores e unha facturación anual inferior aos dous millóns de euros, segundo consta no contrato, que poderán solicitar ata 25 000 euros, sempre que non supoñan máis do 95% do investimento. Para poder optar a estes créditos, os proxectos terán que avalarse nun plan de empresa e tamén terán que contar cun informe favorable da asociación Mariñas Betanzos.

A concesión destes microcréditos baséase na confianza na persoa ou no equipo que solicita o préstamo e na viabilidade do proxecto a poñer en marcha, de modo que non son necesarias garantías económicas. A asociación comprométese a facilitar servizos de apoio e asesoramento empresarial aos emprendedores, tamén a analizar a viabilidade do proxecto presentado e a promover o autoempleo e á consolidación de microempresas.

Advertisements