Faraldo: “un plan economico non sé é obrigatorio, senón de sentido común”

Faraldo, portavoz do PSOE de Miño

Faraldo, portavoz do PSOE de Miño

Manuel Vázquez Faraldo, voceiro do PSOE en Miño e vencedor das últimas eleccións municipais malia non poder acceder á alcaldía, inaugura as tweetrevistas de Xornal de Betanzos, entrevistas a golpe de chío na popular rede do paxariño azul, o que exixen dos nosos entrevistados un esforzo de concisión na resposta. Prestouse, con paciencia infinita, a facer as veces de cobaia humana e testar este formato experimental, polo que reiteramos o noso agradecemento. Unha parte da conversa que mantivemos xira en torno á actualidade municipal de Miño e outra, en clave máis persoal, serve para coñecer á persoa detrás da personaxe pública.

Para comezar, poderías resumir a túa biografía nun tweet?

Nado en Miño, 55 anos, economista con 30 anos de experiencia grandes empresas. Portavoz e candidato alcaldía polo PSdeG-PSOE dende 2011

Que valoración fas da acción do goberno local?

Froito dun pacto antinatura = Bipartito sen rumbo, sen equipo = incapacidade, incompetencia, parálise = estafa

Compensou o clima de crispación creado tras a investidura?

Os veciños de forma espontánea rexeitaron claramente a estafa. Beneficiados: alcalde+portavoz PP = soldos. Prexudicado: Miño

Cal é a situación económica do Concello?

Os números: débeda de mais de 28M€ cun orzamento municipal de so 5M€
Situación: goberno dividido sen ideas nin rumbo

E como está a situación da débeda de FADESA?

12,5M€ recoñecidos polo Concello + 9M€ de intereses sen recoñecer + 3M€ de sentenzas pendentes. E todo pq o PP non esixiu os avais

Daquela, é necesario ou non un plan económico para Miño?

Non so é obrigado por lei, senón q tamén é de sentido común. Ten q haber unha folla de ruta coñecida, explicada e asumida por todos

E debe incluír recorte de servizos ou unha suba de impostos?

Pode haber outras alternativas con solucións imaxinativas (non imaxinarias) q non afecten tan directamente aos veciños

Monte Piñeiro é unha solución á precariedade económica do Concello?

Ata o de agora foi outra das causas da precaria situación económica e o seu futuro debe pasar polo desenvolvemento sostible, non especulativo

O pasado verán houbo varios problemas coa calidade das augas das praias. Solucións para o PSOE?

Control exhaustivo de verquidos, do funcionamento das EDAR e colaboración efectiva con outras Administracións e colectivos

E cal é a solución que propoñen para a perda de area invernal da praia?

Hai anos q insistimos na necesidade de realizar un estudo da dinámica das correntes na ría. Paso previo para calquera medida

O problema é o espigón de Sada?

Segundo a resposta anterior iso so se pode saber despois do corresponde estudo técnico

É compatíbel veraneo masivo con marisqueo na ría?

E compatible veraneo respectuoso co medio con marisqueo sostible. Ten q haber esforzos pola sensibilización e concienciación

Seguen dispostos a un pacto co PP para sacar da alcaldía a Oroza?

No seu momento vimos como única saída a un goberno unipersoal a posibilidade dun acordo entre os dous partidos da oposición. Hoxe é inviable

Daquela valoran unha moción de censura?

Non, ese momento xa pasou

Cren que a ORA na praia resulta beneficiosa para o turismo?

Tal como se está aplicando obviamente é contraproducente. Ten q reformularse

E manterían a ORA na praia no caso de gobernar?

Despois da súa reforma normativa, de espazos e taxas si, para ofrecer mellores servizos non so a cargo dos veciños

“Gústame Gladiator, o protagonista nunca se da por vencido na defensa dos seus valores e principios”

Cal foi o último libro que liches? Recomendaríalo?

La sonrisa etrusca de José Luis Sampedro. Si. Mostra con moita sensibilidade as relacións interxeneracionais (entre un avó rudo e enfermo con seu neto)

Descargas música de internet?

Non

E cal foi o último disco que compraches e escoitaches?

Sempre me traen moi bos recordos dos meus anos universitarios as canciones de Queen e Supertramp

Recoméndalo?

Sempre. Nunca pasan de moda, aos meus fillos tamén lles gustan

Recoméndanos unha película

Unha película q nunca me importa volver a ver é a de “Gladiador” na que o protagonista nunca se da por vencido na defensa dos seus valores e principios

Te ou cafe?

Nin té nin café, auga e de vez en cando unha boa cervexa

E algunha outra afección?

Góstame moito camiñar pola miña vila, falar cos veciños e visitar os numerosos e preciosos rincóns de Miño

“Responder ás pregutas é unha obriga ante a veciñanza”

Tentei de non superar con ningunha resposta os 140 caracteres. Moitas grazas

Gracias a ti novamente por prestarte ao experimento e a colaborar con este medio local

Gracias a vos. Aparte dun placer, para mín é unha obriga ante a veciñanza

Advertisements