O Betanzos empata no último minuto e cun menos ante o Galicia de Mugardos

Betanzos_CFNon serviu de moito ao Galicia de Mugardos adiantarse no marcador mediada a segunda parte do encontro desputado a pasada fin de semana contra o Betanzos no García Irmáns. E iso que os mugardeses comezaron o encontro ben dispostos no terreo de xogo e avisando, desde o inicio, que viña ávido de sumar os puntos de tres en tres, algo que se lle ven resistindo nas últimas xornadas. Os visitantes eran superiores, pero batían cunha defensa ben tramada dos locais. Así se chegou ao descanso.

Tras o pase polo vestiario o encontro continuou na mesma tónica, malia chegar a primeira ocasión clara dos rojillos. No minuto 62 o Betanzos quedaba cun xogador menos a causa da expulsión de Luis e os visitantes arrearon para conseguir o seu tanto apenas tres minutos despois. Cun menos, os locais non entregaron o partido e ao fío de cumprirse o tempo regulamentario Sergio restablecía a igualada inicial, sen tempo para que os visitantes puidesen reaccionar para buscar a victoria.

O resultado mantén unha semana máis aos betanceiros no posto 16.

Advertisements