Sufocan en Guiliade un lume orixinado nunha cheminea

Parque de bombeiros de Betanzos

Parque de bombeiros de Betanzos

A mala combustión nunha cheminea parece estar detrás dun lume que os bombeiros de Betanzos sufocaron na tarde do pasado sábado en Guiliade. Os efectivos contraincendios recibiron a chamada dos propietarios da vivenda, que non daban controlado as lapas, aparentemente ocasionadas pola acumulación de restos de combustión na cheminea. No que os bombeiros acudían ao lugar, os propietarios conseguiron controlar o lume, de maneira que cando chegaron colaboraron xa nas tarefas de ventilación do inmoble e os compases finais da extinción do lume.

Advertisements