Abegondo acondiciona a área recreativa do CIAM

Encoro de Abegondo-Cecebre

Encoro de Abegondo-Cecebre

A área recreativa ubicada na entrada do CIAM abegondés estrenará o ano renovando a cara. O Concello está a desenvolver neste recinto de O Monte traballos de limpeza do mobiliario, reparación dos xogos infantís, poda de árbores, eliminación dos desniveis e a retirada das especies exóticas invasoras. A finalidade é convertir este espazo nunha zona libre de especies invasoras, reservada para convertirse nunha grande carballeira asegura o executivo local.

 

Colaboran nestes traballos alumnos do obradoiro de emprego de mantemento de espazos verdes que comparten Abegondo, Bergondo, Carral, Mesía e Oza-Cesuras.

Advertisements