Fomento e ADIF néganse a mellorar o servizo ferroviario no arco A Coruña-Betanzos-Ferrol

Mapa da media distancia de Renfe nas liñas que pasan pola nosa cidade, que evidencia o potencial dunha liña de proximidades

Mapa da media distancia de Renfe nas liñas que pasan pola nosa cidade, que evidencia o potencial dunha liña de proximidades

Renfe non prevé modificar horarios nin variar servizos, polo menos a curto prazo, na liña férrea que une a nosa cidade con Ferrol e A Coruña. Seguirá mantendo as sete frecuencias actuais desde Ferrol a e as seis en sentido contrario. Non variarán os horarios malia que se teña denunciado que algún deles é absurdo. Así o denuncia un informe de CC.OO., que cuestiona a frecuencia das paradas no entorno de Ferrol e a falta de investimento do goberno español na liña.

Así, o goberno de Mariano Rajoy opta por manter unha extraña situación na que, segundo o horario escollido, o tren entre Ferrol e A Coruña pode mesmo a duplicar o tempo que consume un vehículo particular en chegar dunha destas cidades á outra pola AP-9. Fai caso omiso das demandas da sociedade civil e do sector, que reclaman o by-pass en Betanzos, a electrificación da liña e a adecuación de paradas e horarios ao ritmo actual de vida, entre outras iniciativas que un plan técnico e comercial permitiría rendibilizar a liña.

O goberno central tampouco accede a traspasar as liñas a Galicia para que sexa a Xunta quen poña en marcha unha rede de ferrocarril de proximidades, como ten acordado o Parlamento de xeito unánime a petición dos nacionalistas. As contas da Xunta, actualmente en tramitación, tampouco conteñen previsións neste sentido.

Advertisements