Condenan por estafa ao dono dun negocio de coches de segunda man de Vilasantar

Patio interior dos xulgados betanceiros

Patio interior dos xulgados betanceiros

A Audiencia Provincial acaba de condenar a dous anos e 10 meses de prisión ao propietario e xerente de Gangas Motor, un negocio de compraventa de vehículos de Vilasantar, tras considerar probado que enganou á empresa coa que concertara un acordo para que facilitase o financiamento á súa clientela. O tribunal provincial considera probada a falsedade continuada en documentos privados e falsedade mercantil para cometer unha estafa. A pena divídese nunha parte de un ano e catro meses por un delito de falsedade continuada e outro ano e seis meses por falsedade mercantil con ánimo de estafar. O acusado xa tiña antecedentes penais por apropiación indebida e deberá indemnizar, ademais, con 10 000 euros a unha empresa financeira.

O fallo é susceptible de recurso aínda ante o Tribunal Supremo e estima parcialmente a denuncia da Fiscalía e da entidade financeira que alcanzara acordo co empresario, considerando probado que o condenado “procedía a modificar os datos das nóminas ou documentos entregados polos seus clientes á súa conveniencia e cando os ingresos do solicitante facían prever o rexeitamento do préstamo”. O acusado alegou sen éxito que era un mero traballador pero os xuíces rexeitaron o alegato dado “polo seu rol de propiedade e dirección da empresa” e consideran “irrebatible” a súa obrigación de compensar os 10 000 euros obxecto de defraudacióná entidade financeira.

Advertisements