O PP denuncia suciedade nas rúas do Casco Histórico

Imaxe parcial do aspecto que ofrece o Casco Histórico

Imaxe parcial do aspecto que ofrece o Casco Histórico

O PP acusou ao goberno municipal de desoír as demandas veciñais e evitar tomar medidas ante o “exceso de verdín e sucidade” de varias rúas do Casco Histórico. Os populares recordan que hai tres meses que os residentes de varias rúas da zona monumental do entorno da Porta do Hórreo manifestaron o seu malestar polo estado de abandono de diferentes tramos da zona vella.

“O Executivo socialista fixo caso omiso das recomendaciones do PP e dos veciños e continúa co seu deixamento e desidia no apartado de limpeza viaria”, lamenta a formación nun comunicado remitido aos medios, no que ameazan con volver levar o asunto a pleno se non se corrixe esta situación nas vindeiras datas. Aseguran que o exceso de verdín en varias rúas do casco histórico provoca situacións de risco e urxe medidas para evitar caídas e resbalones.

Advertisements