A Xunta modifica o transporte escolar para dar servizo en Costa Miño Golf

Unha vista de Costa Miño Golf

Unha vista de Costa Miño Golf

Outra pequena victoria para a asociación de veciños Costa Miño Golf: a Xunta accedeu á petición da entidade e do colexio Castro Baxoi para modificar as paradas do bus escolar e achegalas a esta zona residencial en base ao elevado número de alumnos residentes na urbanización e o feito de que varias paradas que había no itinerario estaban sen usuarios. Así, accede a autorizar unha nova parada na macrourbanización e mover outra a cambio de suprimir as paradas sen alumnos de Campofesta, Burrugueiro e Sambollo.

“Esperamos que o Concello se sume a este logro da Asociación e nos poña as marquesinas nas novas situacións das paradas”, aseguraban onte desde a entidade veciñal demandando melloras nas novas paradas ao goberno municipal.

Advertisements